O Consello da Xerencia de Urbanismo aproba un acordo pola racionalización dos usos portuarios
O informe ó plan de utilización dos espacios portuarios da zona de servicios do Porto de Vigo solicitado pola Autoridade Portuaria e redactado trala reunión mantida entre o conselleiro de Política Territorial, José Cuiña Crespo, o alcalde do Concello de Vigo, Lois Pérez Castrillo, e o presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa Vicente, resultou aprobado no Consello da Xerencia de Urbanismo.
Este informe prevé a modificación da zona de servicio do Porto de Vigo, con expresa exclusión dos ámbitos de Alcabre-Bouzas e A Lagoa e Ríos en Teis, segundo a delimitación contida nos planos elaborados polos servicios técnicos da Xerencia de Urbanismo anexos, que permitirá executar os proxectos de rexeneración do litoral que se están a xestionar entre o Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Costas.
No segundo punto establece que o subámbito de ”Casa Mar” deberá figurar co uso previsto especificamente na ordenanza número 9-A do Plan Especial do Porto, que é o de ”Auditorio-Pazo de Congresos, con instalacións complementarias municipais, así como o uso dotacional e hoteleiro”. Unha vez realizadas as anteriores modificacións, o Concello instará oportunamente as desafectacións que correspondan, co cumprimento dos trámites legais preceptivos e procedentes en cada caso.
O terceiro punto aposta pola eliminación total, en texto e planos, da previsión relativa á ampliación do porto deportivo e peirao de cruceiros: e o cuarto manifesta que se mantén a previsión recollida no Plan Especial do Porto en relación coa ampliación do peirao do Areal.
O Consello da Xerencia aprobou, entre outros asuntos, a constitución da Xunta de Compensación da Unidade de Execución IV-10 Ramón Nieto, proxectos de obras nas rúas Gerona e Otero Pedrayo, e de urbanización na prolongación da rúa Enrique Lorenzo.
Unha moción do grupo municipal do PP sobre a execución inmediata das obras para a mellora da urbanización de Espiñeiro en Teis será levada ó vindeiro Pleno ordinario.
Resultaron aprobados 12 expedientes de infraccións urbanísticas e 36 de licencias de obras, actividades e instalacións.