A novena edición do Festival Internacional de Vídeo xa recibiu 80 obras para o concurso
O Festival Internacional de Vídeo celebrarase na Casa das Artes e no auditorio do Centro Cultural de Caixa Galicia do 19 ó 24 de marzo. Ata o momento recibíronse 80 traballos e os organizadores agardan a recepción de máis obras nestes días para participar no concurso.
A preselección será o día 15 de marzo, baixo a responsabilidade do comité organizador que estará composto por persoeiros de varias nacionalidades entre os que figuran críticos, realizadores, productores e distribuidores. A entrega dos premios será o sábado 24 de marzo.
A mostra pretende ofrecer un panorama, o máis amplo posible, sobre o estado actual da videocreación nos diferentes soportes que son obxecto do festival, tanto en exposicións, como en proxeccións.
A exposición NetArt exhibirá creacións realizadas para a rede. Poderase acceder desde a planta baixa da Casa das Artes, en dez instalacións ben diferenciadas. As proxeccións realizaranse no auditorio de Caixa Galicia.
Haberá tamén conferencias e actividades complementarias entre os días 20 e 23 de marzo a partir das 20:00 horas. Giselle Beiguelman disertará sobre ”Arte na rede”, Lev Manovich sobre ”Arte na rede e museos”, Natalie Bookchin sobre ”Videocreación e os soportes emerxentes” e Ken Feingold sobre ”Ferramentas para a creación en internet”. Os artistas presentarán cadansúa obra, en horario de mañá, do 19 ó 23 de marzo.
A través dun server internet, o festival de vídeo habilitará na rede un espacio virtual da mostra que facilitará información do festival de vídeo. Este servicio concíbese cunha dobre orientación, xa que amosa o programa de actividades actualizado e mailas fichas técnicas dos concursantes e, por outra banda, posibilita on line o programa de NetArt.
Descargar todas as imaxes