150 fotografías de ” A terra vista dende o ceo” en Vigo

A Casa das Artes acolle a mostra de fotografías ” A terra vista dende o ceo”, de Yann Arthus-Bertrand, organizada pola Fundación Caixa Galicia, coa colaboración da Concellería de Cultura e Lunwerg Editores,S.A.
Yann Arthus-Bertrand iniciou hai dez anos o proxecto de fotografiar a terra dende o ceo para dar a coñecer o estado do noso planeta. As imaxes da exposición son o resultado dun traballo de investigación realizado polos cinco continentes.
150 imaxes amosan a beleza da natureza, o traballo creativo do home e as transformacións que experimentou o medio ambiente.
As fotografías están acompañadas de texto que inclúe datos sobre a evolución demográfica, económica e social así como os problemas que está a ocasionar a intervención humana.
A exposición ” A terra vista dende o ceo” poderá visitarse na Casa das Artes ata o 1 de abril.
Descargar todas as imaxes