Xornadas de Xogos Populares para os máis cativos

A Concellería de Deportes organiza o vindeiro domingo unhas xornadas de Xogos Populares para nenos e nenas a partir dos 3 anos e para os maiores.
Esta actividade forma parte do programa ” Vigo en Xogo” que pretende recuperar os xogos populares e tradicionais e dar pulo ó deporte na nosa cidade.
As modalidades que se poderán practicar son aro, trompo, bolas, petanca, pateiro, chave, xogatira e xogos de animación.
A xornada desenvolverase a partir das dez da mañá do domingo 18 de marzo no recinto do Parque de Castrelos, e conta co apoio da Agrupación Deportiva Vigo e Deporte Galego.
Descargar todas as imaxes