Escoitar
Anuncio Muller

Bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural 2006-2007

<br />

venres, 16 xuñ 2006
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo na sesión ordinaria do 29 de maio de 2006, acordou a aprobación das bases do concurso de ideas para a elaboraciòn e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural na convocatoria 2006-2007.

As actividades e/ou proxectos que se presenten ao concurso versarán necesariamente sobre algunha ou a totalidade das seguintes materias ou lotes:

1º.- Formación para acadar a igualdade real na vida cotiá: mecánica, fontanería,electricidade, pequenas reparacións domésticas, etc

2º.- Formación persoal e artística. Non se admitirán proxectos de manualidades téxtiles nen os relacionados directamente cos traballos domésticos tradicionalmente realizados polas mulleres: habilidades sociais, idiomas, informática, fotografía, superación de conflitos, técnicas e habilidades para facilitar o acceso ao emprego e/ou fomentar o autoemprego feminino, etc.

3º.- Formación sobre a Igualdade de Oportunidades e a perspectiva de xénero: módulos sobre educar para a igualdade, coñecementos sobre os dereitos, recursos e servizos para as mulleres, eliminación de estereotipos sexistas, visibilización e recuperación da aportación das mulleres á historia a través da arte, literatura, ciencia, etc.

4º.- Obradoiros preventivos en prol de hábitos de vida saudable: detección precoz de enfermidades, auto observación e coñecemento do propio corpo, primeiros auxilios, a imaxe/xénero e trastornos de alimentación, coidar a quen coida, relacións afectivo-sexuais, autoestima e valoración persoal, masaxe, educación física, técnicas de relaxación, etc.
Os proxectos que se presenten para a realización dos cursos obxecto da convocatoria sinalados nos lotes 1,2,3, e 4 non poderán superar o prezo de 33.00 euros por hora. A cantidade ofertada incluirá os impostos e a dedución correspondente ao IRPF.

5º.- Medios de divulgación do programa, as ideas que se presenten neste lote axustaránse as seguintes condicións:
.- O importe do proxecto non poderá superar a contía de 12.000 euros.
.- O proxecto especificará o número de todo o material publicitario proposto e que considerará como mínimo: 1.000 carteis, 10.000 folletos (5000 folletos para cada un dos cuatrimestres), anuncios publicitarios en medios de comunicación como prensa e radio (insercións en cada un das dúas fases do programa), ademais doutros produtos publicitarios que se poidan propoñer para o alumnado como: bolígrafos, gomas, lapis, adhesivos, blocs, etc.

A proposta incluirá o deseño do material e propostas para unha nova denominación do programa en consonancia cos obxectivos dos cursos especificados na base primeira e terceira do concurso.

A adxudicataria elaborará o deseño e realizará a edición, impresión e a distribución de todo o material ofertado en 100 puntos da cidade. A distribución realizarase en dos etapas: unha ao comenzo do programa e a segunda ao inicio do segundo cuatrimestre.

As bases están na oficina de Información do Concello,e as propostas presentaranse no Rexistro Xeral. O prazo remata o 3 de xullo de 2006.