O Celta e os grupos políticos iniciarán o próximo xoves o estudo de proxectos para Balaídos
A Comisión Especial de Balaídos reunirase o xoves da semana que vén coa presenza de representantes do Real Club Celta e dos grupos políticos do Concello, co obxectivo de comezar a definir a remodelación do estadio.
A Comisión reuniuse hoxe xoves no Concello para elixir como presidente o socialista Xulio Calviño e como vicepresidente o nacionalista Carlos Cotobade. Así mesmo, decidiuse que unha Permanente, na que participará a concelleira de Deportes, Lucía Molares, se encargue da realización dos trámites necesarios para o bo funcionamento da Comisión.
Descargar todas as imaxes