O Concello proxecta implantar a Tarxeta Cidadá a partir de setembro
A Concellaría de Participación Cidadá vén de realizar un estudo sobre a viabilidade dunha Tarxeta Cidadá personalizada e recargable que permita pagar os servizos municipais, como o transporte urbano, os museos e as bibliotecas, de cara á súa implantación progresiva a partir de setembro deste ano.
A alcaldesa, Corina Porro, explicou durante a presentación deste proxecto que a Tarxeta Cidadá servirá para "crear un espazo vigués de información e desenvolvemento", onde a oferta dos servizos municipais formará parte dun sistema integrado.
Corina Porro engadiu que a Tarxeta non só mellorará o acceso dos cidadáns a estes servizos, senón que fará a idea de empadroarse en Vigo máis atractiva para moitas persoas. Nesta liña, o proxecto de Tarxeta Cidadá contempla vantaxes para os habitantes de Vigo e "premios á lealdade do usuario".
Ademais, a alcaldesa afirmou que outro aspecto beneficioso da Tarxeta Cidadá é que lle permitirá ao Concello "obter un volume importantísimo de datos" sobre a utilización dos servizos municipais, o que posibilitará un estudo máis efectivo das necesidades dos cidadáns.
Segundo adiantou a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, a nova Tarxeta comezará a implantarse en setembro deste ano.
Descargar todas as imaxes