Plan de formación anual de Participación Cidadá no uso das novas tecnoloxías
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, presentou o Plan de Formación do seu departamento con que se prevé a cualficación de 400 cidadáns no emprego das novas tecnoloxías.
A Área de Participación Cidadá ven a facer unha forte aposta polas novas tecnoloxías e o uso intensivo de internet como acceso á información e apoio á busca de emprego e do estudio. Esta aposta polas novas tecnoloxías non tería sentido, segundo a concelleira, se os vigueses e viguesas non coñecen o seu funcionamento e posibilidades.
Coa finalidade de axudar o seu coñecemento organizase o Plan de formación que terá dous apartados: "Cursos de iniciación a Internet" e Software libre "Open Office"
Os cursos de inciacion a internet están basados na experienza dos últimos catro anos realizados en colaboración co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, impartiranse:12 cursos, nos centos cívicos de Casco Vello, Coruxo, Saians e Teis; 4 cursos de iniciación de 14 horas; 8 cursos de introducción de 3 horas (4 para maiores e 4 para nenos).
Curso de Software libre "Open Office":o Concello de Vigo é un dos primeiros concellos en ofrecer formación nesta "suite ofimática" que está composta por un tratamento de textos, folla de cálculo e presentacións, totalmente gratuíta e compatible con Windows e a Office de Microsoft, e que supón un importante aforro cara os cidadáns e as asociacións.Neste ano e coa experiencia e as opinións dos alumnos e alumnas dos anos anteriores os cursos serán modulares e con dous niveis para ó tratamento de textos e a folla de cálculo e un para o módulo de presentacións.17 cursos, nos centos cívicos de Casco Vello, Coruxo, Saians e Teis. 8 cursos de iniciación (4 de tratamento de textos e 4 de folla de cálculo), con unha duración de 14 horas. 9 de perfeccionamento de 10 horas de duración (3 de tratamento de textos e 3 de folla de cálculo e 3 de presentacións).En cada un do cursos entregarase un CD coa aplicación para a súa instalación e manuais.
Doutra banda e subvencionados pola Axencia de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (ADR-MAIV), en colaboración coas asociacións veciñais de Candeán, Saians e Zamans, nos locais das mesmas e abertas a cidadanía impartiranse 6 conferencias de "Sensibilización cara ás Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación".
Descargar todas as imaxes