O Concello autoriza a contratación das obras de urbanización de Barreiro
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo autorizou hoxe xoves a contratación polo procedemento aberto por concurso das obras de urbanización do polígono de Barreiro, futuro emprazamento de 100 vivendas de protección autonómica.
O tipo de licitación das obras de urbanización é de 3,4 millóns de euros. Este gasto ten carácter anticipado, condiciónase á súa efectiva consignación orzamentaria e divídese en dúas fases, sendo o importe da primeira de 2,6 millóns de euros e o da segunda, de algo máis de 800.000.
O Concello espera obter por medio do alleamento da parcela onde se sitúa o polígono 2,7 millóns de euros, o que servirá para financiar parte dos traballos de urbanización. Os restantes 700.000 están consignados no proxecto de orzamento municipal para 2006, pendente de aprobación.
O Consello da Xerencia adoptou este acordo co voto a favor do PP, a abstención de PSdeG-PSOE e BNG e o voto en contra do PG.
Descargar todas as imaxes