Escoitar

Vigo conta cunha nova escola de vela

A alcaldesa Corina Porro asistiu hoxe ao acto de presentación da Escola de Vela en Marina Lagoa patrocinada por Caixa Galicia e destinada a acercar o deporte e o mundo da mar as novas xeracións.

xoves, 2 mar 2006
114130804621.jpg
Barco colectivo modelo Jeanneau Sun 2000
Na Escola de Vela os deportistas recibirán unha aprendizaxe intensivo do mundo da vela, desde a navegación deportiva aos barcos de vela lixeira e a vela de competición.

A Escola de Vela Caixa Galicia nace coa intención de iniciar ás persoas de todas as idades na práctica da navegación a vela, realizando un ciclo formativo dos diversos niveis e figuras que existen no deporte náutico.

A situación da Escola é o porto deportivo de Punta Lagoa.
Descargar todas as imaxes