Vigo Náutica Internacional abre as súas portas con máis de 100 expositores
A terceira edición do Salón do Mar e da Náutica Vigo Náutica Internacional abriu hoxe xoves as súas portas no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Durante catro días, máis de 100 expositores ocuparán os 20.000 metros cadrados da feira para ofreceren produtos relacionados coa náutica recreativa.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, actuou de Madriña de Honor na inauguración de Vigo Náutica Internacional 2006, rompendo unha botella de viño branco albariño contra a proa dunha Riva Olympic, unha embarcación de época que marcou a norma dos deseños náuticos dedicados ao recreo.
A edición deste ano, que contará coa presenza dos principais fabricantes e marcas do mundo, será a máis grande que se ten celebrado ata o de agora nun salón náutico do noroeste peninsular. Así, os máis de 100 expositores que se reunirán en Vigo Náutica Internacional 2006 ocuparán un espazo de 20.000 metros cadrados.
As empresas que acoden a Vigo Náutica Internacional, así como as institucións públicas e federacións deportivas, consideran o Salón do Mar e da Náutica de Vigo unha plataforma excelente para exhibiren os seus produtos e deseños, como tamén un privilexiado lugar de encontro para a promoción das súas marcas e actividades, dada a oportunidade que o Salón lles brinda de dirixirse ao público en xeral.
A mecánica, os asteleiros e varadoiros, a electricidade naval e a electrónica de comunicacións, motores, velerías, seguridade marítima, roupa e complementos, decoración, escolas de náutica e buceo, son os artífices da revolución do sector náutico galego, que, con máis de 400 empresas directas, contribúe a elevar o Produto Interior Bruto de Galicia.
Descargar todas as imaxes