Urbanismo acorda favorecer a oferta de vivenda protexida
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo debateu hoxe xoves os criterios que deben rexer a xestión do Patrimonio Municipal do Solo (PMS), chegando ao acordo de favorecer a maior oferta posible de vivenda cos maiores niveis de protección.
De acordo con este principio, aprobado cos votos favorables de PP, BNG e PG e coa abstención do PSdeG-PSOE, o Consello estableceu que a prioridade no destino inmediato dos bens inmobiliarios integrantes do PMS "debería ser a vivenda protexida, e, dentro desta, aquela que poida gozar dun maior grao de protección". Ao mesmo tempo, admítese que non todos os bens inmobles do PMS resultan adecuados a esta finalidade.
Así, segundo o acordo do Consello, resulta evidente que o alleamento dalgúns destes bens para vivenda sometida a algún réxime de protección pública iría en contra do principio de eficiencia, que debe rexer a xestión do PMS. O alleamento destes bens suporía a incorporación ao patrimonio dos particulares de plusvalías que pertencen á colectividade.
A fin de garantir a eficiencia, eficacia e rendibilidade na explotación do PMS, o Concello guiarase por unha serie de criterios. Así, os ben inmobiliarios do PMS que poidan ser dedicados a usos residenciais susceptibles de protección pública destinaranse a Vivenda de Protección Autonómica de Prezo Reducido (VPA PR) cando o seu valor urbanístico non exceda en máis dun 75% o valor do solo correspondente a este tipo de vivenda.
Para o caso de que o valor urbanístico exceda en máis dun 75% do valor do solo da VPA PR, destinaranse a VPA de Réxime Xeral, a non ser que o valor urbanístico exceda en máis dun 50% o valor do solo correspondente a este tipo, en cuxo caso se destinarán a Vivenda de Protección Autonómica de Prezo Concertado (VPA PC).
No caso de que o valor urbanístico supere en máis dun 30% o valor do solo correspondente á VPA PC entenderase que os bens non resultan adecuados para ser destinados a vivenda protexida e, xa que logo, serán alleados con destino a vivenda libre.
Todos os grupos políticos coincidiron na necesidade de integrar na cidade as vivendas protexidas, de modo que non se creen zonas exclusivas con prezos prohibitivos para as persoas con menos recursos económicos.
Licenza para Unión Fenosa
Ademais, no Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe xoves o Goberno local deu conta da licenza concedida a Unión Fenosa para realizar as obras de construción e instalación de actividade para unha subestación transformadora de enerxía eléctrica para tensión de 132/15 kv en terreos municipais no subsolo do vial interior do Monte Do Castro, Vigo. A subestación terá unha potencia de tansformación de 2x50 mva.
Plan Xeral
Por outra parte, unha vez finalizado o Consello, o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, manifestou o seu desexo de chegar a un acordo co PSdeG-PSOE de cara á aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de xeito que o documento que se envíe á Xunta de Galicia conte co maior consenso posible. Aínda que admitiu que "non vai ser fácil" alcanzar este acordo, Figueroa asegurou que "vale a pena" reunirse cos socialistas para "tentar dialogar con calma". Segundo o concelleiro, esta reunión terá lugar o luns ou o martes da semana que vén.
Descargar todas as imaxes