Escoitar

Pleno do Concello

Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o luns día 27 de febreiro, ás nove horas, no salón de plenos do Concello.

venres, 24 feb 2006
1.- Actas anteriores. (Sesións ord. 28.11.05 extraord. 07.12.05 e ordinaria 23.12.05).

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
2.- Petición de consulta popular previa á aprobación provisional polo Pleno do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Expte. 1218/110

ASUNTOS SOCIAIS
3.- Modificación acordo plenario 31.05.04, relativo á manifestación da codena da Corporación Municipal fronte á violencia de xénero.

CONTROL DO EQUIPO DE GOBERNO
4.- Solicitude de comparecencia presentada polo Grupo municipal Socialista e comparecencia, no seu caso, do concelleiro delegado de Persoal.

MOCIÓNS
5.- Moción do Grupo municipal do PG instando a inscrición no Rexistro Municipal de bens de terreos na rúa Alfonso Alvarez Vázquez.

6.- Moción do Grupo municipal do PG de instar á Autoridade Portuaria a autorizar a pesca con cana nos recintos portuarios.

7.- Moción do Grupo municipal do PG de instar ó Ministerio de Fomento o arranxo das deficienzas no cruzamento da subida á Madroa en Teis.

8.- Moción do Grupo municipal do BNG de instar á Xunta de Galicia a elaboración dunha Lei galega para o fomento do acceso das mulleres ó emprego remunerado.

9.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa a nova rede de microrreemisores para TV en Vigo.

10.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a reserva de solo dotacional no PAU de Navia para centro público innovador para atención a persoas con dependencia.

11.- Moción do Grupo municipal do BNG instando actuacións nas paradas dos autobuses do transporte público urbano.

12.- Moción do Grupo municipal do BNG instando diversas actuacións en Castro Castriño.

13.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a retirada de simboloxía franquista das fachadas.

14.- Moción do Grupo municipal do BNG de solicitar á Xunta de Galicia a creación dun hospital público de referencia.

15.- Moción do Grupo municipal do BNG de subsanación de carencias no Parque da Riouxa.

16.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á non discriminación e á promoción da igualdade de xénero na Administración Local.

17.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE de apoio da Corporación á creación da Cidade do Mar.

18.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a melloras necesarias no transporte público urbano.

19.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a elaboración dunha estratexia local para a calidade do aire en Vigo.

20.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ó anteproxecto de Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

21.- Moción do Grupo municipal do PP solicitando someter o anteproxecto de Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia á valoración da FEMP.

22.- Rogos e preguntas.