Aprobación inicial do proxecto de urbanización da área de reparto 2 peri IV-01 San Roque.
<br />
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 9 de xaneir de 2006 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Urbanización da Área de Reparto 2, do Peri IV-01 San Roque A, promovido polas empresas "Doblada S.A.", "Vallehermoso división promoción, S.A.", "Invoga, S.A.", elaborado por Enrique D. Acuña Fernández e don Alberto Moreno García e visado polo COAG en data 15 de xuño de 2004 e 7 de xaneiro de 2005.
Ábrese un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP e nun diario dos de maior circulación na Provincia.
O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todas as persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.