Escoitar

O alcalde trasladará ao Pleno unha resolución de apoio ao mantemento do Ingabad en Vigo

luns, 20 mai 2002
imx1431.jpg
Castrillo e Pardo
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu ao director do Ingabad en Vigo, Francisco Pardo, quen lle entregou unha carta na que o Consello Escolar do Centro manifesta a súa disconformidade ante a decisión da Xunta de Galicia de suprimir esta modalidade de ensino. Castrillo dixo que lle solicitará ao Pleno da Corporación que aprobe unha resolución reclamando a permanencia do Ingabad en Vigo.

O Instituto Galego de Bacharelato a Distancia facilita formación en Vigo a centos de persoas que, por razóns de traballo, incapacidade física ou inadaptación non poden asistir con normalidade ás clases. A Xunta de Galicia pretende que esta modalidade de estudio se imparta unicamente a través de internet, o que supón un obstáculo para as moitas persoas que en Galicia non dispoñen de ordenador.

Lois Castrillo considera que a supresión do Ingabad supón engadirlle obstáculos a moitas persoas para que accedan ao sistema educativo o que, ao seu xuízo, é un ataque a un dereito social básico. O alcalde vigués lembrou que na última década cursaron estudios no Ingabad preto de dez mil persoas, que dificilmente poderían obter a formación que desexaban de non existir este centro.


ENSINO SECUNDARIO A DISTANCIA
Descargar todas as imaxes