Conclúe o Correlingua cunha masiva afluencia de escolares vigueses
Milleiros de linguatletas déronse cita na praza do Rei para emprender unha marcha a prol do idioma galego. ”Fala, non cales” foi o lema desta edición do Correlingua que finalizou en Castrelos coa lectura do himno elaborado polo cantante Xurxo Souto. O alcalde, Lois Castrillo, foi o encargado de dala saída á marcha.
Himno do Correlingua
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p´ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p´ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !
¡ Fala, non pares !
Descargar todas as imaxes
Himno do Correlingua
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p´ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p´ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !
¡ Fala, non pares !