Escoitar

2.500 mozos e 150 mestres participarán en Vigo no Correlingua 2002

mércores, 15 mai 2002
imx1419.jpg
Programa
A carreira pola lingua, que partiu de Santiago de Compostela, chega o xoves 16 de maio a Vigo despois das etapas do Condado, O Salnés, A Coruña, Lugo, A Mariña de Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra e o Baixo Miño. Baixo o lema ”Fala, non cales”, 2.500 mozos e 150 mestres de centros educativos de Vigo van participar nesta edición tomando o relevo dos 30.000 nenos e nenas que xa fixeron as anteriores etapas.

O percorrido será da Praza do Rei ata ao Parque de Castrelos (Casa do Concello-Praza do Rei – Hispanidade – Pintor Colmeiro – Independencia – Camelias – Travesas – Avda. de Castrelos – Chegada ao Parque de Castrelos)

Ás 10.45 haberá un breve acto de partida coa participación do alcalde de Vigo, Lois Castrillo, o xogador do Celta Fran Alonso e o escritor Xurxo Souto. A partires das 12:00 no Parque de Castrelos haberá unha festa animada por Xurxo Souto.

O Correlingua 2002 está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Sociopedagóxica Galega, Nova Escola Galega, Coordinadora da Comarca de Vigo de Equipos de Normalización Linguística e A Mesa pola normalización lingüística, co patrocinio do Concello de Vigo, a Universidade de Vigo e Caixanova.


MÁIS INFORMACIÓN


Descargar todas as imaxes