Escoitar

Santiago Domínguez entrega axudas económicas da Fundación Vigo en Deporte a clubes da cidade

martes, 14 mai 2002
imx1414.jpg
Acto de entrega
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, fixo a entrega de axudas a dez clubes da Fundación Vigo en Deporte, creada co obxecto de fomentar e promocionar o deporte a través do apoio, difusión e axuda as entidades deportivas da cidade de Vigo.

A fundación ten tamén como finalidade a consolidación dos grandes eventos deportivos como medio de promoción e difusión da cultura deportiva, posibilitando un maior achegamento a tódolos cidadáns e do resto da sociedade en xeral.

Entre as actividades principais da Fundación Vigo en Deporte encóntrase o outorgamento de axudas monetarias a entidades deportivas que cumplen os requisitos dos estatutos fundacionais. Os seguintes clubes perseguen estes fins como clubes deportivos da cidade de Vigo e concédenselles as seguintes axudas económicas:


-CLUBE OCTAVIO PILOTES POSADA........33.055,67 €
-CLUBE DEPORTIVO BOSCO........24.040,48 €
-CLUBE VIGO VOLEIBOL...........12.020,24 €
-CLUBE VIGO FÚTBOL SALA........6.010,12 €
-CLUBE HELIOS ZORKA BALONCESTO..........4.507,59 €
-CLUBE HOCKEY STICK............3.005,01 €
-CLUBE XUVENIL VOLEIBOL...........3.005,01 €
-CLUBE ATLETICA VOLEIBOL............3.005,01 €
-CLUBE CICLISTA VIGUES.............18.030,36 €
-CLUBE ANFIV..............3.005,06 €

Descargar todas as imaxes