Escoitar

O Concello apoia unha investigación sobre patrimonio oral que se presentará á Unesco

martes, 14 mai 2002
imx1410.jpg
Reunión co alcalde
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu aos responsables do proxecto ”Ponte nas ondas” que desenvolve programas educativos conxuntos en 50 centros de ensino de Galicia e Portugal. Este colectivo presentará unha candidatura sobre recompilación de patrimonio oral arredor dos ciclos da natureza e agrarios á Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Unesco.

O voceiro do proxecto, Santiago Veloso, explicou que pretenden buscar apoios da Mancomunidade para que se involucren tanto os concellos de Galicia como do norte de Portugal, a través da Asociación de Municipios do Val do Miño. O alcalde animounos a traballar nesa liña de investigación coa finalidade de presentar formalmente a candidatura á Unesco.

Universidades, museos, institucións e organismos formarán parte desta iniciativa ”que traballa coa cultura viva nunha unidade transfronteiriza”, indicou Veloso.


OBRAS MESTRAS DO PATRIMONIO ORAL E INMATERIAL DA UNESCO

PONTE NAS ONDAS

Descargar todas as imaxes