Escoitar

Electromecánicos renova os soportes e luminarias de Samil deteriorados pola corrosión mariña

martes, 14 mai 2002
A Concellería dos Servicios Electromecánicos está procedendo á renovación dos soportes e luminarias na avenida de Samil, mediante a instalación de elementos adecuados ao entorno que, por estar ao lado do mar, están expostos a un ambiente altamente corrosivo cunha grande incidencia naqueles materiais que non soportan esta acción. Para iso, ”escolléronse os mellores materiais como son o ferro fundido, o aceiro inoxidable 316 L, especial para ambientes mariños, e luminarias do máis alto grao de estanqueidade e en aluminio de fundición tratados cunha pintura anticorrosiva”, explicou Henrique Vieitez.

Con este obxectivo estanse instalando os soportes e luminarias, a xeito de puntos intercalados, para non deixar en total escuridade esta avenida, recuperando as bases de ferro fundido mediante un proceso de granallado, galvanizado e pintado. Unha vez colocadas no seu lugar, instálase o fuste de acerinox e a luminaria, garantindo unha mellor iluminación con respecto á existente.

Con esta actuación preténdense non só corrixir as deficiencias existentes na anterior instalación que xeneraron un deterioro moi rápido nalgúns elementos, senón tamén paliar as deficiencias eléctricas, ao mesmo tempo que se logra un aforro importante no consumo, ao reducilo á metade do actual, deixando de pagar 7.150,40 € (1.189.728 pesetas) anuais.

Para esta actuación o presuposto destinado é de 180.303,63 € (30.000.000 pesetas).