Escoitar

Isaura Abelairas inaugurará a I Festa Trianera

martes, 14 mai 2002
imx1412.jpg
Presentación do evento
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou a I Festa Trianera organizada pola Asociación Cultural Viguesa de Triana que se celebrará en Samil do 16 ao 20 de maio. Desfiles de traxes andaluces, exhibición de cabalos, bailes e sorteos son algúns dos atractivos do programa.

O organizador do evento, Vicente González, destacou que a asociación naceu impulsada por veciños de Vigo afeccionados á Festa do Rocío, á cultura andaluza e, en particular, ao barrio de Triana.

O xoves 16 de maio Isaura Abelairas inaugurará ás 16:00 horas a festa co encendido da caseta instalada a carón do polideportivo de Samil. O venres haberá desfiles de traxes andaluces pola mañá e unha sesión infantil pola tarde. Arredor de 200 persoas acudirán á comida organizada para o sábado e o domingo celebrarase a exhibición de cabalos e o sorteo dun xamón entre os asistentes ao evento. A entrada para participar na festa é libre e gratuíta.

Descargar todas as imaxes