Escoitar

O luns comezan as obras de humanización da rúa Chile

xoves, 16 mai 2002
O luns, día 20, principian as obras de humanización da rúa Chile. Con ese motivo a rúa vaise cortar ao tráfico, permitíndose só o acceso aos residentes. O departamento de Tráfico sinalizará o corte indicando que o traxecto entre Camelias e Pi y Margall deberá facerse a través da rúa Romil. Así mesmo, o acceso á rúa Menéndez Pelayo terá que facerse por Pi y Margall.

As obras, que comezarán pola parte baixa da rúa Chile, durarán aproximadamente tres meses. Durante ese tempo renovaranse os servicios soterrados e instalaranse as conduccións de gas e cable. Tamén se ampliarán as beirarrúas deixando unha calzada de catro metros de ancho, plantaranse árbores, crearanse dársenas de carga e descarga e se acondcionarán con lastros as entradas aos garaxes.