Castrillo inaugura a feira da ecoloxía Vigonatura

O alcalde, Lois Castrillo, inaugurou Vigonatura e salientou o interese do Goberno municipal por propiciar o desenvolvemento de Vigo dunha forma harmónica co contorno natural e sempre respectuosa co ambiente. A feira poderá visitarse ata o domingo 19 de maio en Cotogrande.
Castrillo destacou actuacións realizadas nos últimos anos como o peche do vertedoiro do Zondal, a ampliación da depuradora de augas residuais, a rexeneración de praias ou a recuperación do leito do río Lagares.
O alcalde convidou os vigueses a visitar esta feira da ecoloxía e sobranceou o papel destes eventos para a difusión dunha cultura ecolóxica e de respecto á natureza.
Descargar todas as imaxes