Aberto o prazo para inscribirse na III Festa da Petanca
A III Festa da Petanca, organizada pola Concellería de Deportes, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas ”El Olivo”, celebrarase o 1 e 2 de xuño no Instituto Feiral de Vigo de Cotogrande.
”Non podo deixar de agradecer moi sinceramente todo o esforzo e traballo que dende os clubes e de maneira individual se ven facendo e que dá como resultado que hoxe a nosa Festa da Petanca sexa un éxito participativo e deportivo como o demostran as edicións anteriores”, sinalou o concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez.
”Conscientes da importancia da celebración da Fesa da Petanca na procura de que a práctica deste deporte sexa cada vez maior, e como quedou reflectido en anteriores edicións nas que se bateron records de participación con respecto a outros eventos autonómicos, esperamos que nos volvan apoiar xa que este ano nos propoñemos melloralo coa idea sempre firme de que esta é a nosa festa”, indicou Santiago Domínguez.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. A inscrición será libre, aberta e gratuíta. Poderá facerse a través de clubes, centros da terceira idade, asociacións de veciños, xuvenís ou de mulleres. O prazo para anotarse rematará o 22 de maio e, posteriormente a esta data, só se admitirán equipos con cadros incompletos. Os interesados poden inscribirse na Concellería de Deportes (986-810295), na Federación Viguesa de Peñas Recreativas ”El Olivo” (986-237778) e na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais (986-227273).
Sistema de xogo
Primeira fase. Grupos de oito equipos que xogarán por sistema de liga clasificándose para a segunda fase o 1º e 2º para o torneo principal, 3º e 4º para o torneo de consolación e do 5º ao 8º para o torneo complementario.
Segunda fase. Nos torneos principal e de consolación xogarán catro equipos por sistema de liga, clasificándose para a terceira fase os dous primeiros de cada grupo. No torneo de complementaria xogarase en grupos de catro equipos clasificándose exclusivamente o primeiro de cada grupo.
Terceira fase. Cos clasificados de cada categoría da competición xogarase por eliminatorias directas a 13 tantos.
O sistema de xogo. Durante todo o campionato será por tempo e só rematarán aquelas confrontacións onde un dos equipos consiga 13 tantos antes do tempo establecido pola organización.
PREMIOS
Repartiranse premios para tódolos participantes e haberá un sorteo especial entre os participantes de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos e outra para os demais. Manterase a igualdade de premios para tódalas categorías.
ESCOLA
Existirán unhas pistas dedicadas para que calquera rapaz poida aprender a xogar á petanca con monitores especializados.
Descargar todas as imaxes