As III Xornadas de teatro escolar fomentarán a afección xuvenil polos espectáculos artísticos
A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentou as III Xornadas de teatro escolar que se celebrarán do 21 ao 24 de maio no auditorio municipal. Participarán oito centros educativos que amosarán as súas creacións froito de actividades extraescolares de carácter cultural realizadas co compromiso e iniciativa do profesorado e das asociacións de nais e pais.
Ana Gandón explicou que estas xornadas lles ofrecen aos rapaces a oportunidade de representar as obras de teatro ensaiadas durante o curso escolar, ademais de estimular a afección polo teatro e fomentar a creación de públicos. O Concello pon a disposición dos centros escolares autobuses para o traslado dos rapaces e editou carteis e dípticos coa programación.
A directora do grupo de teatro do CEIP Igrexa- Valadares, Josefa Álvarez, e a directora do grupo de Teis, Antonia Céspedes, apuntaron que o teatro desenvolve a creatividade, ensina a traballar en grupo e constitúe unha motivación importante para os cativos.
Programación
- Martes, día 21 ás 11:30 hs. GRUPO TEATRAL DO CEIP “SEIS DO NADAL”
OBRA: “Xuizo no bosque”
AUTORAS: Pura Vázquez e Dora Vázquez
DURACIÓN: 1 hora
DESTINATARIOS/AS: 1º e 2º Ciclo de Educación Primaria.
SINOPSE: Un grupo de rapaces e rapazas están a xogar no bosque. Nun momento do xogo unha nena propón un novo xogo: decir o que lle gustaría facer cando sexan maiores. O que diga o máis difícil gaña. Faino unha rapaza á que lle gustaría ir á lúa. A gañadora conversa coa lúa mentres van chegando ó bosque os persoaxes de distintos contos. Os persoaxes “bos” fan prisioneiros ós persoaxes “malos”, facéndolles un xuizo despoís de elexir un xuíz, un fiscal e a defensa.
- Mércores, día 22 ás 10:30 hs. GRUPO TEATRAL DO CEIP “IGREXA-VALADARES”
OBRA: “A ratiña que varría a súa casiña”
AUTORA: Chus Pereiro
DURACIÓN: 40 minutos.

SINOPSE: É a historia dunha ratiña moi presumida que escolleu moito entre os seus pretendentes, e case foi acabar na barriga dun gato lambón. Menos mal que tiña moi bos amigos...
- Mércores, día 22 ás 12 hs. GRUPO TEATRAL DO IES “TEIS”
OBRA: “Pic-nic”
AUTOR: Fernando Arrabal
DURACIÓN: 35 minutos.
DESTINATARIOS/AS: 3º Ciclo de Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
SINOPSE: Trátase dunha peza curta de teatro que ten como tema central o pacifismo. A obra reproduce unha escena de guerra na que dous soldados novos (cada un de seu bando) acaban por facerse amigos: reflexionan sobre a estupidez da guerra e deciden facer algo para acabar coas mortes inútiles. Cando o van poñer en práctica, os dous soldados e os acompañantes son metrallados. Son de resaltar as relacións paterno-filiais polo valor educativo que representan.
- Xoves, día 23 ás 11:30 hs. GRUPO TEATRAL DO CEIP “SANTA MARINA BECERREIRA”
OBRA: “Transplante de corazón”
AUTOR: Anónimo (adaptación: Josefina García Álvarez e Carmen Pérez)
DURACIÓN: 20 minutos
DESTINATARIOS/AS: 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria
SINOPSE: Trátase dunha obra musical (zarzuela) na que se describe, en clave de humor, un transplante de corazón.
- Xoves, día 23 ás 12 hs. GRUPO TEATRAL DO CEIP “SOBREIRA-VALADARES”
OBRA: “A troita Fidelina e a súa amiga Isolina”
AUTOR: Alumnado de 4º de Primaria do CEIP “SOBREIRA” (adaptación: Félix Álvarez Fernández)
DURACIÓN: 30 minutos

SINOPSE: O río Zamáns é un río limpo e transparente, rodeado de fermosas árbores e habitado por troitas e toda clase de animais. Todo o entorno é fermoso e todos viven contentos e felices, pero esta situación non durará por unha serie de circunstancias...
- Xoves, día 23 ás 18 hs. GRUPO TEATRAL DO IES “SANTO TOMÉ DE FREIXEIRO”
OBRA: “O achado do Castro”
AUTOR: Manuel Núñez Singala
DURACIÓN: 1 hora 15 minutos
DESTINATARIOS/AS: 3º Ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
SINOPSE: O decorado sitúase no pazo imperial do emperador de Roma nun bosque próximo. Os elementos da escenografía son mínimos para non quitarlle protagonimo os persoaxes. Trátase dunha comedia moi divertida, chea de equívocos e de situacións moi graciosas nas que se vén envoltos os personaxes para intentar conseguir os seus obxectivos.
- Venres, día 24 ás 11:30 hs. GRUPO TEATRAL DO CEIP “CANICOUBA”
OBRA: “Aventura na illa solitaria”
AUTORA: Chus Pereiro
DURACIÓN: 1 hora 15 minutos.

SINOPSE: Nun país de moi lonxe vive un rei moi aburridísimo. A raiña é árbitra de futbol, a princesa é unha rapaza que estudia todo o día, así que ¿que pode facer él para pasar o tempo?
- Venres, día 24 ás 18 hs. GRUPO TEATRAL “AULA 0.0” DO IES “RICARDO MELLA”
OBRA: “A mostra”
AUTOR: Antón Chejov, Miguel Mihura, Sergi Belbel
DURACIÓN: 30 minutos
DESTINATARIOS/AS: 3º ciclo de Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
SINOPSE: Mostra de diferentes escenas do teatro contemporáneo, en evolución temporal, dende Chejov (tío Vania) ata Sergi Belbel (Carícias), pasando por Miguel Mihura (tres sombreros de copa) como mostra final do traballo da aula de teatro do IES “RICARDO MELLA” de Vigo.
Descargar todas as imaxes