O Concello de Vigo homenaxeará ó pintor Xavier Pousa
O alcalde Lois Castrillo presentou o acto cívico de homenaxe ó pintor Xavier Pousa no que persoas vinculadas ó artista lerán unha escolma de textos acompañada dunha proxección de imaxes. O Concello de Vigo e a Fundación Xoán Piñeiro serán os organizadores deste evento que se celebrará o martes 8 de xaneiro de 2002 no Centro Cultural Caixanova.
Castrillo indicou que o Concello de Vigo apoia e participa neste acto cívico que demostra interese e cariño por Xavier Pousa, unha figura senlleira das artes plásticas cunha obra vencellada á cidade de Vigo.
A directora da Fundación Xoán Piñeiro, Cuqui Piñeiro, explicou que esta homenaxe é unha débeda obrigada para manter na memoria a personalidade dun artista enriquecedor deste país.
Camilo Franco presentará o acto no que dez persoeiros lerán escritos pertencentes a unha escolma de textos que conforman un libro dedicado ó pintor. A Fundación Xoán Piñeiro solicitoulle tamén ó Concello de Vigo o nomeamento dunha rúa para contribuír a mellorar a difusión e coñecemento de aspectos culturais.
COLECCIÓN DE PINTURA
BIOGRAFÍA
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes