Un congreso facilitará o intercambio de experiencias institucionais para combater a violencia sobre as mulleres
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou o Congreso de intercambio de boas prácticas que se celebrará no auditorio municipal o 14 e 15 de decembro para dar a coñecer as respostas institucionais de Euskadi, Cataluña, Valencia e Galicia á violencia contra as mulleres.
O Plan de acción municipal do Concello de Vigo para combater a violencia contra as mulleres será presentado neste congreso que conta cun programa deseñado co obxectivo de promover e coordenar os recursos institucionais existentes sobre o tema.
Participarán, entre outras, unha técnica da Dirección General de la Mujer da Generalitat Valenciana, que coordena os centros de atención 24 horas: a presidenta do Instituto Catalá da Generalitat de Catalunya, Margarida Álvarez: a secretaria xeral do Servicio Galego de Igualdade, Nicole Marco, e a representante do Consello Vasco da Avogacía, Juana Balmaseda.
O anteproxecto de Lei sobre a prevención da violencia e o protocolo interinstitucional para a atención a mulleres víctimas de maltrato doméstico e agresións sexuais son algúns dos temas que se tratarán neste congreso.
Os interesados en asistir poden inscribirse, antes do 12 de decembro, na Oficina da Muller do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes