Botadura dunha gamela coruxeira da Escola Obradoiro Mar de Vigo
A Escola Obradoiro Mar de Vigo realizou a botadura dunha gamela coruxeira construída polos alumnos do módulo de carpintería de Ribeira. Trátase da primeira singradura dunha embarcación deste tipo da Escola que leva como nome ”Praia da Fontaíña”.
A gamela é de madeira de piñeiro cunhas medidas de: 4, 35 m. de eslora, 1,65 m. de manga e 0,60 m. de puntal. Os aparellos e a vela tamén se fixeron na escola polos alumnos da especialidade de Actividades Náutico Turísticas.
Nesta primeira xeira, a gamela saiu acompañada por outra embarcación feita en poliéster polos alumnos de Novas técnicas de Construcción Naval e aparellada polos alumnos de Instalacións Marítimo-Deportivas quen fixeron dende as ferraxes ata o mastro e botabara. Con esta botadura péchase un dos diversos traballos desenvolvidos ó longo dos últimos meses onde os alumnos das catro especialidades tiveron a súa parte de traballo. En breve farase a botadura doutra embarcación a vela e dunha piragua construída na especialidade de Novas Técnicas de Construcción Naval.
A Escola Obradoiro “Mar de Vigo” é un proxecto promovido polo Concello de Vigo a través da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, que se ven desenvolvendo dende xuño de 2000 e rematará o vindeiro 29 de decembro de 2001. Ó longo destes 18 meses, atendéronse as necesidades de capacitación profesional de 60 mozos, ofrecéndolles unha formación teórica en alternancia co traballo e a práctica profesional en especialidades pouco explotadas ata o momento en Escolas Obradoiro e con boas perspectivas de futuro:
Carpintería de Ribeira: Novas Técnicas de Construcción Naval: Actividades Náutico Turísticas:
Xestión de Instalacións Marítimo Deportivas.
Cada especialidade conta con 15 alumnos baixo a supervisión dun equipo técnico de 12 profesionais. A formación compleméntase con Graduado, Debuxo técnico, Orientación Laboral, Maquetismo e Cursiño de Prevención de Riscos laborais.
Descargar todas as imaxes