Modus Novus: in memoriam Enrique X. Macías
A memoria do músico e compositor vigués Enrique X. Macías estará presente no Festival Are-More no concerto que se celebrará o sábado, 8 de decembro no Cine Fraga-Caixa Galicia, que quere así render homenaxe a unha persoa que dedicou boa parte da súa vida a explorar novos campos na música e que plasmou na súa obra o sentir da modernidade. A homenaxe correrá a cargo do grupo Modus Novus, unha formación que se fundou no ano 1998.
Está integrado, na súa maioría, por músicos novos pertencentes á Orquestra Sinfónica de RTVE. Todos eles acadaron unha grande experiencia en distintas formacións e ensembles que nas que interpretaron obras por toda España.
Precisamente, un dos principais obxectivos desta formación é fomenta-las obras de novos autores contemporáneos españois, moitas veces por encargos expresos das organizacións dos festivais nos que participan. Ademais, estas obras son incorporadas posteriormente ó seu repertorio, de tal xeito que non sexan esquecidas unha vez estreadas. É o caso deste concerto no que se levará a cabo a estrea absoluta da obra “Cantigas de amigo”, composta polo galego Javier Arias. Ademais, no concerto de ARE MORE poranse en escena “Chain I”, de Lutoslawski: “Mito”, de David del Puerto: e “Pierrot Lunaire op.21”, de Arnold Schönberg, en conmemoración do medio século da súa morte. Un recital no que a formación Modus Novus permanecerá fiel ó seu estilo de interpretación, e que lle valeu un amplo recoñecemento de público e crítica, pese á súa curta vida como grupo estable.
Modus Novus actuou na Fundación Juan March, no Círculo de Bellas Artes de Madrid, no Festival de Música Nova de Estrasburgo, na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Auditorio Nacional de la Música, co gallo dunha homenaxe a Carmelo Bernaola e a Tomás Marco. En todos estes recitais teñen incorporados estreas de obras.
Modus Novus está formado por quince músicos, pola soprano Carmen Gurriarán e dirixido por Lorenzo Ramos. O director do grupo formouse co profesor Karl Österreicher en Viena, onde participou en numerosos cursos de dirección. Foi director asistente da Joven Orquesta Nacional de España e, dende 1998, é director artístico e musical da Escolanía del Monasterio del Escorial. Desenvolveu un intenso labor artístico en España nos últimos anos, dirixindo máis de media ducia de agrupacións.
Na última tempada dirixiu dúas produccións á fronte da compañía lírica “Arte Opera”, na actual fai o propio coa producción “Pan y toros” no teatro de La Zarzuela de Madrid. O seu maior éxito foi un concerto á fronte da Orchestre da Chambre de Losana, no que acompañou a Teresa Berganza e a Lucero Tena, na homenaxe ó director Jesús López Cobos. Gravou dous discos coa Escolanía del Escorial e outro máis con cancións vascas á fronte da Orquestra Sinfónica de RTVE.
A peza que se estrea no concerto de ARE MORE foi composta polo lucense Javier Arias Bal. Estudiou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e licenciouse en musicoloxía na Universidade de Oviedo hai once anos. Trasladouse a Madrid para estudiar composición e fíxoo baixo a tutela do profesor David del Puerto. Un ano despois obtivo praza como profesor nun instituto de Leganés, posto que desempeña na actualidade. Javier Arias colaborou en multitude de publicacións, entre elas o Diccionario de la Música Española, e impartiu numerosos cursos de formación de profesorado. Na súa faceta como compositor ten estreado obras en Madrid, en Santiago, en Barcelona e en Vigo, entre outras cidades. Traballou en bandas sonoras de cine e de publicidade e é inventor do Sistema de Espacialización da Música en Vivo, empregando técnicas de informática.
Actualmente escribe unha tese doutoral sobre ocio e dinámica musical e está compoñendo unha peza para acordeón e piano que se estreará en Londres, igual que outra que se porá en escena en Barcelona o próximo mes de marzo para trío con piano.
BIOGRAFÍAS
PROGRAMA
ENTRADAS