Escoitar

O Concello traballa na organización do I Festival de Hip Hop de Vigo cunha achega de 24.000 euros

O festival celebrarase o día 29 de decembro e acudirán artistas internacionais como Jezzy Jeff, Shotta ou Roty 340.

luns, 13 dec 2004
1102947598lucia.jpg
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello aprobou a indemnización substitutiva por un importe de 180.203,63 euros a favor de Servicios Hípicos Hipigal en concepto de axuda ao desenvolvemento da Copa do Mundo de Saltos de Vigo 2003.

Dentro do área de Patrimonio e Contratación resolveuse a adxudicación do contrato do servicio de mantemento e conservación dos cemiterios municipais á empresa Elsamex, por un importe de 179.515,38 euros.

Fora da orde do día, a concelleira Lucía Molares adiantou a aprobación da organización do I Festival de Hip Hop a cargo da concellería de Xuventude en colaboración coa empresa Simon Music e que terá lugar o día 29 de decembro deste mesmo ano. O Concello aportará unha cantidade de 24.000 euros nesta primeira edición dun festival dedicado fundamentalmente á mocidade viguesa e coincidente cunha etapa dourada do rap nacional, que pretende converter este festival nun referente en todo o país deste tipo de música. O festival contará coa presencia de artistas como Jezzy Jeff, Solo los Solo, Shotta, Juaninaka e Roty 340, ademais da participación de grupos e artistas locais.

Tamén fora do orde do día aprobouse a contratación de persoal técnico para prorrogar o convenio do primeiro Plan de Inclusión Social e a concesión dunha subvención de 30.000 euros á Federación de Bandas de Música pola organización de aulas de música durante o exercicio 2004. Estas aulas teñen como principal obxectivo a formación das novas xeracións de músicos, que aseguren a canteira de novos valores para estas agrupacións.
Descargar todas as imaxes