Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de decembro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

venres, 10 dec 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 13 DE DECEMBRO DE 2004.


ALCALDÍA
1.- Indemnización substitutiva por importe 180.203,63 a favor de Servicios Hípicos Hipigal S.L. en concepto de axuda ao desenvolvemento da Copa do Mundo de Saltos de Vigo 2003. Expte. 1028/101.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 193/2004 interposto por D. MIGUEL ANGEL GIL VÁZQUEZ contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos no seu vehículo. Desestimado.

3.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 217/2004 interposto por D. ANGEL GONZALEZ RIAL contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos no seu vehículo. Estimado.

4.- Sentenza do TSXG no rec. apelación interposto por GESTRAVISA contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo no r.c.a. nº 428/2001, desestimatoria de recurso contra resolución do Concello de Vigo que obriga ao pagamento do IBI (Estación de Autobuses). Desestimado.

5.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4602/01 interposto por D.RICARDO MARTIN GARCÍA contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por lesións sufridas no Pavillón Monte da Mina. Desestimado.

6.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4837/01 interposto por D. ENRIQUE MEIJIDE LUMBRERAS contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos na súa motocicleta. Desestimado.

7.- Sentenza do TSXG no r.c.a. n 01/1105/02 interposto por D. RAFAEL OJEA PÉREZ E OUTROS contra acordo plenario de 25.03.02 que aproba os orzamentos municipais para o 2002. Desestimado.

8.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 01/0585/02 interposto por ESTACIONAMIENTOS GALLEGOS S.A. contra desestimación de reposición contra requirimento de obras de mantemento de estacionamento subterráneo da Porta do Sol (expte. Nº 13752/240/2000). Desestimado.

9.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 248/2004 interposto por Dª Mª TERESA NÚÑEZ CHANTADA contra sanción de tráfico (expte. 1040913223). Rematado o procedemento.

10.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 152/04 interposto por ESTACIONAMIENTOS Y SERVICIOS S.A. contra acordo da Xunta de Goberno 26.04.04 de exclusión de oferta en concurso aparcadoiros Urzáiz e Praza Independencia. Desestimento.


BENESTAR SOCIAL
11.- Proposta de anulación de talóns e ampliación de concesión de axudas municipais escolares para libros para o curso 2004-2005. Expte. 10976/301.

INVESTIMENTOS
12.- Retribución da concesionaria Aqualia FCC Vigo UTE, con efectos do 1 de xaneiro de 2004. Expte. 100428/140.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
13.- Adxudicación do concurso para a contratación do mantemento integral dos cemiterios municipais. Expte. 5930/255.

14.- Expediente de contratación por concurso da xestión do servizo Escola Infantil Municipal "Costeira" de Saiáns. Expte. 6251/332.

15.- Reclamación de danos:
a) Diego Pena Rodríguez. Expte. 15312/240. Estimada.
b) Emiliano Voces de Onaindi. Expte. 16437/240. Estimada parcialmente.


VIAS E OBRAS
16.- Proposta para declarar deserto o procedemento negociado para a contratación das obras de reparación das humidades no Mercado da Pedra. Expte. 42662/250.

17.- Rogos e preguntas.