A pintura de Antonio Heredero exponse na Casa das Artes
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, acudiu hoxe á inauguración da exposición "Luz e cor", do pintor Antonio Heredero. O acto, que tivo lugar na Casa das Artes, contou cunha grande asistencia. A exposición permanecerá aberta ata o próximo 9 de xaneiro.
Ignacio López-Chaves, concelleiro de Cultura, estivo presente na inauguración da exposición do pintor Antonio Heredero que, co título de "Luz e cor", permanecerá aberta ata o próximo 9 de xaneiro no primeiro andar da Casa das Artes. Ignacio López-Chaves afirmou ante un numeroso público que esta exposición é "froito de anos de traballo, de técnica, de calidade", e engadiu que "é unha sorte que teñamos tamén nos museos luz e cor".
Antonio Heredero é un pintor que acolle maxistralmente coa súa técnica apaixonada a luz suficiente, o anaco de mar e de terra e a cor máis grave ou sensual das flores. Deste xeito, regala a mirada sorprendida dun artista, dun revelador de todo o que está aí diante de nós e que, sen embargo, é cousa secreta ata que el o viu.
Os cadros de Antonio Heredero poderanse contemplar ata o vindeiro 9 de xaneiro. De luns a venres, a exposición estará aberta de 18:00 a 21:30; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30; e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Descargar todas as imaxes