Escoitar

Turismo de Vigo participa a partir de hoxe no salón náutico de París

Por primeira vez, a Concellería de Turismo disporá dun stand propio, onde se promocionará a cidade como destino turístico e, especialmente, o turismo naútico.

venres, 3 dec 2004
1102085885barco.jpg
Turismo de Vigo promocionará dende hoxe, día 3 e ata o vindeiro día 13
de decembro a cidade de Vigo como destino turístico nun dos salóns naúticos máis importantes do mundo, que se celebra en París, no Parque de Exposicións "Porte de Versalles".

A cidade se promocionará por vez primeira nesta foro, co obxecto de dar a coñecer os numerosos recursos turísticos que a cidade ten vencellados ó mundo do mar e da náutica. Ademais, a Concellería aproveitará para dar a coñecer o programa gratuito de fomento da vela, auspiciado por Turismo de Vigo, "Vigo a vela".

Vigo estará presente co seu stand baixo o Pavillón de Turespaña, que conta cun espacio de 54m2. Estarán tamén presentes no stand de Turespaña: Puertos de Gijón, Empresa Pública de Portos de Andalucía, Tenerife e o Porto de Vigo.

O Salón Náutico de París é un salón monográfico, dedicado a temas náuticos, de carácter profesional, que na súa edición de 2003 ocupou unha superficie de 101.000m2, con 851 expositores e 275.000 visitantes.

"Vigo a vela"

O programa gratuito de fomento da vela foi posto en marcha por Turismo de Vigo no mes de outubro na Estación Náutica da praia do Vao. Todas aquelas personas que saiban navegar poderán participar en seis embarcacións Hobbie Cat 15, propiedade da Estación Náutica, en competicións que se desenvolverán todos os últimos sábados de cada mes, ata que se celebre a Volvo Ocean Race o ano próximo.

O programa pon a disposición dos usuarios as embarcacións e os equipos, xa que o único requisito que se lle pida ós participantes é a suscripción de licencia federativa.

Esta iniciativa, que comezou o pasado 30 de outubro, está resultando un auténtico éxito, xa que cada sábado de competición se están a reunir máis de cen persoas para participar nas competicións. O último sábado, 27 de novembro, reunironse no Vao 37 tripulacións, formadas por dúas personas cada unha, na que participaron incluso 4 embarcacións portuguesas.

Os interesados en participar nestas competicións poden inscribirse en calquera momento, xa que os sistema de competición permite 4 descartes, dando a posibilidade a non participar en todas e cada unha das 12 mangas do programa e, aínda así, ter opcións de triunfo.

Os gañadores desta larga competición serán dados a coñecer en Outubro de 2005.

A Concellería de Turismo está a traballar agora no programa "VIGO A VELA" infantil, que consistirá en competicións de windsurf para os máis pequenos.

Este programa pretende fomentar a navegación na ría de Vigo durante todo o ano, xa que as condicións do noso mar así o permiten e iniciar ós máis pequenos no coñecemento dun medio que forma parte da identidade da cidade.
1102085885barco.jpg
1102085903playa.jpg
1102086269playa.jpg
Descargar todas as imaxes