Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de decembro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

venres, 3 dec 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE DECEMBRO DE 2004.


1.- Actas das sesións ordinarias do 15 e 22 de novembro de 2004.


ALCALDÍA
2.- Indemnización substitutiva por importe de 1.740 € a favor de Telecidade S.A. en concepto da realización da campaña publicitaria "baixate do carro". Expte. 1608/101.

3.- Indemnización substitutiva por importe de 6.000 € a favor de Creaciones Luminosas S.L. en concepto do alumeado da Alameda de Bouzas con motivo das súas festas. Expte. 1638/101.

4.- Texto de convenio entre o Concello de Vigo e a Axencia Galega de Noticias para a contratación do servizo AGN/PRESS. Expte. 1641/101.


ATENCIÓN CIDADÁ
5.- Indemnización substitutiva por importe de 7.153,41 € a favor de SECURITAS en concepto de vixiancia no Centros Cívicos de Teis e Casco Vello. Expte. 474/321.


BENESTAR SOCIAL
6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 14/170, 11/646, 22/120 e denegación expte. 1/1021.


DEPORTES
7.- Solicitude de autorización da delegación de Vigo da Federación Gaelga de Atletismo para realizar a XLIII edición da carreira Pedestre de Nadal (carreira do Pavo) o día 19.12.04. Expte. 4906/333.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
8.- Bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2005". Expte. 1284/335.

9.- Bases do IV Concurso de redacción "Benqueridos Reis Magos". Expte. 1285/335.


MOBILIDADE E SEGURIDADE
10.- Concesión de subvención a titulares de licenza de autotaxis para instalación de sistemas de seguridade. Expte. 70008/210.

11.- Solicitude da Asociación Galega de Artesáns de autorización para a realización da Feira Ofeitoamán os días do 15.12.04 ao 11.01.05 na Praza de Compostela. Expte. 70127/210.


MUSEO QUIÑONES DE LEÓN
12.- Fixación do prezo de venda ao público das entradas do espectáculo "Contos ao carón do lume". Expte. 1312/337.

13.- Levantamento de depósito da obra "Muíño" de Antonio Fernández. Expte. 719/337.

14.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación "Raquel-Chaves " para a realización dunha exposición do xoguete antigo no Museo "Quiñones de León". Expte. 1252/337.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
15.- Prórroga do contrato para a prestación do servizo de vixiancia e mantemento de dependencias culturais. Expte. 7404/331.

16.- Reclamación de D. Florentino Peco Lorenzo por danos no seu vehículo producidos por un colector do lixo. Expte. 15700/240. Estimado.

17.- Adxudicación do concurso para a contratación da subministración de formigón. Expte. 41346/250.

18.- Adxudicación do concurso para a subministración de material de áridos. Expte. 41350/250.

19.- Adxudicación do concurso para a subministración de material de ferraxería. Expte. 41388/250.

20.- Permuta de parcela do Polígono nº 1 do Plan parcial de Samil, fase 1ª. Expte. 17148/240.

21.- Devolución de fianzas:
a) Palacios Publicidad S.L. Expte. 15549/240.
b) Hags Swelek S.A. Expte. 461/241.
c) Arias Hermanos S.A. Expte. 291/241.
d) Servicios MedioAmbientais Forsai S.L. Expte. 453/241.


PERSOAL
22.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos meses de xuño e outubro de 2004 (inclue horas de marzo, abril e maio). Expte. 15391/220.


URBANISMO
23.- Aprobación inicial do Proxecto de Urbanización da U.a. 2 Carrasqueira en Coruxo. Expte. 4531/401.

24.- Aprobación definitiva do Proxecto de normalización de fincas na U.R. 1 do PEMN Esparramán. Expte. 4452/401.

25.- Participación do Excmo. Concello de Vigo no Proxecto Pagus. Expte. 966/400.

26.- Recepción das obras de Urbanización da rúa San Gregorio e Escaleiras anexas. Expte. 4560/401.

27.- Aprobación inicial da modificación puntual nº 3 do plan parcial do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (9353/411)

28.- Aprobación inicial da modificación puntual do PERI da Praza Elíptica. Expte. 4414/401.

29.- Proxecto de obras ordinarias da 1ª Travesía a Pastora. Expte. 4550/401.

30.- Cesión gratuíta de terreo ao Concello de Vigo para ensanche e mellora da Praza de Miraflores. Expte. 42482/250.

31.- Cesión gratuíta de terreo ao Concello de Vigo para amplición do cño. Baixada ao Castaño. Expte. 4563/401.

32.- Execución de Sentenza sobre a anulación do Esdutio de Detalle da U.E. II-10 Fragoso. Expte.9411/411.


XESTIÓN MUNICIPAL
33.- Xustificantes de libramentos.

34.- Gastos de Locomoción do persoal da Inspección de Tributos correspondentes ao 3º trimestre do ano 2004. Expte. 16303/502.

35.- Rogos e preguntas.