A Concellería de Xuventude presenta o programa de novembro nas ludotecas da cidade
As cinco ludotecas de Vigo ofertan, para o vindeiro mes de novembro, uns programas dirixidos aos cativos cheos de xogos didácticos e orixinalidade. Os traballos manuais, as representacións teatrais e a música gardan un importante protagonismo.
Con distintos tipos de programacións axeitadas a cada ludoteca, os rapaces e rapazas viguesas teñen a oportunidade de vivir o outono xogando e celebrando. E todo gratis. Sen ir máis lonxe na Ludoteca de Lavadores, que abre as tardes de semana para cativos de 6 a 12 anos, se vai crear unha ambientación medieval con castelo, lanzas, escudos, cascos e outros aparellos de época. Asimesmo as actividades a realizar están relacionadas coa Idade Media, con obradoiros que representen os oficios típicos con barro, malabares, fíos; o xogo laberinto, o torneo medieval e o de xadrez serán outras das actividades a realizar, e como colofón celebrarase a merendola conmemorativa do "Día dos dereitos das nenas e dos nenos".
Tamén no Calvario, na rúa Sagunto 86, funciona a ludoteca Hoy por mañana de integración, na que as actividades están adaptadas ás diferentes realidades que se presentan entre os cativos. Adican este mes a realizar obradoiros coma pisapapeles con pelouras, cerámica, marionetas, pegadas e colgantes, todo baixo a ambientación de temas coma o río, Exipto ou os dinosaurios. Ademáis festexarase o magosto entre todos os usuarios e haberá una ximcana de probas divertidas.
Algo máis lonxe e atendendo aos nenos e nenas de Coruxo, funciona no Colexio A Paz outra ludoteca municipal que este mes se solidariza con América do Sur. A programación, baseada no coñecimento destes paises, se compón de actividades participativas e de equipo, coma construcción dun mural, elaboración de xogos e indiacas, e concursos. Tamén adicándolle tempo ao tema da moda elaborarase un repaso aos traxes tradicionais, un desfile e un catálogo. Aínda así, queda algunha tarde para celebrar o magosto e para ver representación teatral de "Locamotora", organizada polo Servizo de Normalización Lingüística.
Na ludoteca de Coia, no mesmo Pavillón, todo xirará en torno á preparación dunha festa-espectáculo, coa construcción dun decorado espectacular, elaboración de invitacións personalizadas, casting de presentadores, karaoke, obradoiro musical e ensaio de toda a montaxe. O día 26 de novembro celébrase o evento, pero as actividades permanentes continúan a facerse. Referímonos ao brilé, ás pitas de todo tipo e ás competicións de salto.
Coma se dun barco pirata se tratase, na ludoteca da Casa da Xuventude preséntase un programa de actividades para novembro cheo de suxestións para grumetes: obradoiros de nós, de tatuaxes de henna e de elaboración de traxes e complementos pirata, construcción dun galeón, batalla marítima e fabricación dun refresco pirata. Neste ambiente celebrarase un magosto e entre outras cousas, continuando coas actividades mensuais, segue o obradoiro de cocina, a biblioteca e ademáis esta ludoteca está expoñendo toda a súa obra realizada nos obradoiros na Sala de Exposicións da Casa da Xuventude.