Corina Porro recibe en visita oficial ao embaixador de Sudáfrica, Gert Grobler
O diplomático quixo visitar á alcaldesa de Vigo aproveitando o seu paso por Vigoferia.
![1099056689embaja.jpg 1099056689embaja.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1099056689embaja.jpg)
O embaixador de Sudáfrica, Gert Johaness Grobler, quixo entrevistarse coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, aproveitando o seu paso pola cidade con motivo da súa visita a Vigoferia.
O embaixador sudafricano leva no cargo dende 2003 e antes pasou polos consulados de Hamburgo e Chicago, e pola embaixada sudafricana en Bonn, ademáis de ocupar diversos cargos no Ministerio de Asuntos Exteriores do seu país. Gert Grobler fala con soltura alemán, afrikaans e inglés, e deféndese con dignidade en francés e español, como demostrou na súa charla coa alcaldesa.
Descargar todas as imaxes