Corina Porro destaca na inauguración do Parque Tecnolóxico a necesidade "de agruparnos nun proxecto común para que Vigo esixa o que merece"
A alcaldesa referiuse á "cooperación entre empresas" como unha "excelente fórmula para competir".
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, destacou durante a inauguración do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo a importancia de "agruparnos nun proxecto común que non é outro mais que a propia cidade" e "tomar as oportunidades que se nos brindan, como o Plan Xeral, o Estudio do Borde Litoral e a PLISAN, para facer delas a nosa causa común e esixir o que merecemos". Entre estas necesidades, a alcaldesa citou o AVE, a conexión co Porto Seco de Salvaterra, a mellora de Peinador ou as novas autovías de comunicación.
Corina Porro sinalou que a nova infraestructura do Parque Tecnolóxico e Loxístico "é consecuencia dunha das máis importantes iniciativas municipais" e lembrou que o Concello traballou durante anos para facela realidade.
A alcaldesa de Vigo referiuse tamén á importancia do Plan Xeral de Ordenación Municipal como peza clave para o desenvolvemento futuro de Vigo, para "mellora-la vida dos cidadáns e para ofertar ás empresas os espacios e infraestructuras de comunicación que precisan para manter e mellorar a súa competitividade", dixo.
A implantación no Parque de empresas de fabricación de compoñentes con alto contido tecnolóxico implicará, segundo advertiu a alcaldesa, "o noso traballo na modificación do ordenamento do PTL co obxectivo de axustarnos ás súas necesidades". A este respecto destacou a industria da automoción, que investirá en Galicia mil millóns de euros ata 2006, oitocentos deles na pranta viguesa de PSA e sinalou que a creación de novos postos de traballo no Parque Tecnolóxico podería chegar ata o millar.
Outro sector ben representado no PTL será o textil, que se implantará con 44 empresas. "A súa agrupación como cidade textil mostra, sen lugar a dúbidas, que a cooperación é unha excelente fórmula para competir", comentou Corina Porro.
Respecto á superficie do Parque, Corina Porro explicou que pronto sumaranse 250.000 metros ás 87,5 hectáreas que xa se atopan dispoñibles, e que o 100% dese espacio está comprometido. Tamén destacou a ubicación estratéxica do PTL, na confluencia do segundo cinto e o vial á Universidade, a tres quilómetros do centro de Vigo, a cinco do aeroporto e a seis do porto vigués.