A Xunta de Goberno Local aproba o presuposto de contratación artística, organización e producción do Festival de Música Are-More 2004
A Corporación Municipal, reunida na súa sesión ordinaria o luns, acordou destinar un total de 575.742 euros con motivo da celebración da quinta edición do Festival de Música de Vigo Are-More 2004.
A Xunta de Goberno Local, aprobou o luns o proxecto de contrato para a realización dos 16 concertos previstos na programación do V Festival de Música de Vigo Are-More 2004, baixo un orzamento de 453.189 en materia de contratación artística.
As contratacións destas actuacións, que correrán a cargo de Alejandro Arnaiz Méndez e Ubiagrandal, realizaranse mediante un procedemento negociado sen publicidade, motivado por criterios de selección artística.
Asimesmo, o Goberno Municipal, destinará un total de 122.553 euros a favor de Ubiagrandal, S.L., en concepto de contratación dos servizos de producción e organización dos concertos. O gasto aplicarase á partida "Programa de música, tetaro e danza" do presuposto municipal vixente no actual exercicio económico.
Outros dos asuntos tratados na Xunta foi o do prezo das entradas ao Festival, polo que se acordou fixar os mesmos de acordo cos seguintes criterios:
- Concertos no teatro Fraga-Caixa Galicia, para os que se establecen dous tipos xerais de prezos segundo as características dos concertos. Así, acordouse manter un prezo de 10 euros e outro de 20 euros.
- O concerto de "Ópera para nenos", deberá de ter prezos simbólicos, dado os seus destinatarios. Este concerto realizarase en dúas funcións, sesión de mañán e tarde, o día 3 de decembro, dirixida a un público escolar que deberá aportar un euro para acceder ao espectáculo. Tamén levarase a cabo unha función o 4 de decembro pensada para o público familiar. O prexo das entradas, neste caso, será de 3 euros adultos e 2 euros nenos.
- Estableceranse as máximas reduccións posibles por abonos, reduccións a menores de 25 e maiores de 65 anos, persoas discapacitadas ou desempregadas e familias numerosas. Asimesmo plantéxase a reducción do 30% para o abono a tódolos concertos excluidos o de inauguración e a "Ópera para nenos"; unha reducción do 25% para o caso da compra de entradas para cinco concertos e do 20% para o caso da compra de entradas para tres concertos.
- Establecerase un sistema de acceso destinado a estudiantes de música e membros de bandas populares de música.
- Os concertos que se relaicen no Conservatorio S. De Música de Vigo e Igrexa-Concatedral, serán gratuítos e de acceso libre ata completar a capacidade dos locais.
Programa de concertos
O programa dos concertos previstos no Festival de Música de Vigo Are-More 2004 é o seguinte:
- 16/10/04: "Le Concert D’astree", no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 23/10/04: "Opera Studio", na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 29/10/04: La Strada: "Balada de la cárcel de reading", no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 05/11/04: "Ensemble Kaleidoscope", na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 07/11/04: Marijana Mijanovic: "El amor y las pasiones", na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 10/11/04: Jean Yves Thibaudet, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 12/11/04: María Bayo, soprano, e Roger Vignoles, piano, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 15/11/04: Mathias Göerne, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 16/11/04: Natalie Stutzmann, contralto, e Inger Södergren, piano, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 19-21-23/11/04: "The Eroica Quartet", na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 26/11/04: David Rusell, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 27/11/04: Pierre Hantai, na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 30/11/04: Stylus Phantasticus & Victor Torres, na Igrexa Concatedral Santa María de Vigo
- 02/12/04: Bogdan Bacanu, na Sala Martín Códax do C. S. De Música
- 03/12/04: Opera para nenos (2 funcións escolares): "O superbarbeiro de Sevilla", de Rossini, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 04/12/04: Opera para nenos: "O superbarbeiro de Sevilla", de Rossini (1 función familiar), no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 09/12/04: Spanish Brass Luur Metalls, no Teatro Fraga-CaixaGalicia
- 14/12/04: L’Asamble des honestes Curieux, , na Igrexa Concatedral Santa María de Vigo
- 15/12/04: Ute Lemper, no Teatro Fraga-CaixaGalicia