Concello e Xunta chegan a un acordo para a remodelación da estrada vella de Madrid
O concelleiro de Infraestructuras, Amador Fernández, chegou a un acordo co director xeral de Obras Públicas da Xunta, Agustín Hernández, para realizar as obras de remodelación da estrada vella de Madrid. A Consellería de Política Territorial modificará o proxecto de acondicionamento deste vial, que é da súa competencia, para incluír diversas peticións do Concello.
A Xunta introducirá no proxecto a renovación do saneamento e da rede de subministro de auga. Ademais preverase a construcción dunha pasarela peonal fronte aos centros educativos situados á beira da estrada. A CPTOPV ocuparase de tramitar os expedientes necesarios para recuperar o dominio dos terreos que foron expropiados no seu día para realizar a estrada e que posteriormente ocuparon sen autorización diversos particulares. Unha vez elaborado o proxecto definitivo será remitido ao Concello para a súa aprobación polo Pleno da corporación. A Xunta licitará, adxudicará e executará a obra e unha vez rematada pasará a ser de titularidade da Administración local.
A remodelación da estrada vella de Madrid era unha das obras que estaban incluídas no Convenio sobre Infraestructuras asinado polo alcalde de Vigo, Lois Castrillo, co conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña.
Na xuntanza entre o concelleiro de Infraestructuras e o director xeral de Obras Públicas acordouse tamén que a Xunta realice o vindeiro ano obras na parroquia de Zamáns para resolver os problemas de seguridade vial existentes na estrada de Gondomar a Porriño. Tamén se chegou a un compromiso para que a Xunta asuma a construcción dos accesos ao xeriátrico que se vai construír en Bembrive.