Vigo súmase por vez primeira á celebración do Día Europeo sen Coches
O concelleiro de Tráfico, Xoaquín de Acosta, e a xefa de servicio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, Soledad Perlado, presentaron o programa do Día Europeo sen Coches que se celebrará o 22 de setembro co lema ”A cidade sen o meu coche”.
O Concello de Vigo súmase por vez primeira a esta campaña europea na que lles dará ós cidadáns a oportunidade de usar medios de transporte alternativos ó coche para estimular un comportamento compatible co desenvolvemento urbano. Establecerase unha área reservada exclusivamente a viandantes, ciclistas e transporte colectivo.
O proxecto ”A cidade sen o meu coche” principiou en 1998 en Francia e permitiu lanzar unha campaña de concienciación cidadá sobre a necesidade de reconsiderar os hábitos de mobilidade urbana para manter ou mellorar a calidade de vida nas cidades.
Este acontecemento pretende ser o primeiro paso dunha iniciativa a longo prazo dirixida a concienciar a opinión pública sobre a necesidade dunha nova mobilidade urbana, evitando as molestias causadas polo uso irracional do coche na cidade.
Fomentarase a intermodalidade do transporte e ofreceranse alternativas que lle permitan á cidadanía gozar da convocatoria sen restrinxir a súa mobilidade. As medidas incluirán o incremento da oferta do transporte público e a adaptación das vías para favorecer os modos alternativos de transporte.
As cidades participantes deberán comprometerse a implantar unha actuación permanente que teña un impacto na mobilidade e no medio ambiente urbano. Neste sentido, o Concello de Vigo porá en marcha un proxecto de humanización dunha zona da cidade con reducción da circulación rodada e potenciará o espacio para os peóns.
Descargar todas as imaxes