O Goberno está a realizar un importante esforzo na conservación do contorno urbano <br />
O Goberno local está a reforzar tódalas actuacións relacionadas coa conservación do contorno urbano. Dende o mes de xaneiro, o goberno incrementou as accións dirixidas á conservación dos espacios públicos, á remodelación de zonas axardinadas, á eliminación das pintadas e carteis, ó mantemento de parques infantís, ou o arranxo de mobiliario urbano, así coma tódolos aspectos que menciona o bando sobre actos de natureza vandálica que publicou a Alcaldía. Ademais, estase a facer un importante esforzo no pavimentado e renovación de rúas e beirarrúas e, a través da Policía Local, na campaña para combate-la dobre fila.
O Concello de Vigo porá en marcha unha campaña para informar ós cidadáns da publicación do bando da Alcaldía sobre os actos de natureza vandálica e contra as regras de convivencia cidadá e lembrar as cuestións que recolle.
O Concello pretende advertir e informar ós cidadáns da existencia do bando e solicitar a súa colaboración na mellora do contorno urbano. O Goberno lembra no bando publicado que non está permitido causar danos ás especies vexetais dos parques, xardíns e zonas verdes, tirar á vía pública ou ós parques o lixo ou calquera tipo de desperdicios, danar o mobiliario urbano, colocar carteis ou realizar inscricións ou pintadas en paredes, muros ou espacios públicos, o depósito de excrementos de animais nas beirarrúas, así coma a creación dun dispositivo de seguimento específico para garantir o cumprimento do bando e das ordenanzas que tipifican as infraccións.
Actuacións
Nestes últimos meses, realizáronse obras de mellora en 91 rúas do casco urbano e mais en rúas de tódalas parroquias de Vigo, e reparáronse ou renováronse beirarrúas en máis de trinta zonas da cidade. Entre as obras de mellora do casco urbano destaca a renovación de beirarrúas, que se levou a cabo, entre outras, en República Arxentina, en Camilo Veiga, en Balaídos e nas rúas Marín e Cangas ou a humanización do último tramo de República Arxentina, entre Rosalía de Castro e Areal, e que inclúe beirarrúas, asfaltado, árbores e luminarias.
Entre os traballos de pavimentación de rúas, destacan os realizados na glorieta da rúa Coruña, o acceso ó Porto Pesqueiro, ós accesos á autopista A-9 dende a rúa Isaac Peral, a rúa Pablo Iglesias ou o pavimentado do camiño Barxiña, o bacheo e o fresado en diversos cruces. En tódalas parroquias de Vigo fixéronse actuacións de bacheados, arranxo de cunetas, limpeza de silvas o gabias, desbroces ou pavimentados.
Dende o mes de xaneiro, o Goberno eliminou 3.150 metros cadrados de pintadas, e retirou carteis en numerosas zonas da cidade. As zonas máis afectadas polas pintadas foron o entorno do Náutico (Montero Ríos, xardíns de Elduayen, Praza da Estrela e O Berbés), onde se actuou en 800 metros cadrados, case cada fin de semana, o Casco Vello, con pintadas en 600 metros cadrados de superficie e o entorno da Praza do Rei, con carteis e pintadas en 400 metros cadrados. Ademais, eliminaronse a totalidade de carteis ou adhesivos nos báculos da rede semafórica.
O Goberno creou un novo parque infantil na rúa Eugenio Kraff,, con xogos e unha valla perimetral, e instalou novos xogos infantís na rúa Faisán, no Castro, na parroquia de Zamáns, en Candeán, en Cabral, en Bouzas, e ampliou en 150 metros cadrados a superficie do parque infantil da rúa Venezuela.
Nestes meses, o Goberno remodelou a totalidade do bulevar da Gran Vía coa colocación de tepe, planta arbustiva, flor de tempada e a instalación dun sistema de rego por aspersión. Ademais, axardinou a rotonda de Isaac Peral e tódalas xardineiras de Policarpo Sanz, así coma as do entorno da igrexa de Santiago de Vigo, e mellorou os xardíns de García Barbón ou da Bouza Sur.
Dobre fila
A Policía Local, dende o mes de xaneiro ata o mes de marzo, denunciou a un total de 19.614 vehículos por estacionar en dobre fila. Destes, no mes de xaneiro foron denunciados 6.850, 6.548 en febreiro e 6.216 en marzo.
A Policía Local, ademais, interveu nestes meses en máis de 90 denuncias de sacos de escombros que se atopan na rúa sen autorización, así coma de 40 contedores colocados de xeito ilegal.