Escoitar

Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike

Esta fin de semana celebrase a cuarta edición do Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike nos montes de Coruxo que organiza a Real Federación Española de Ciclismo, Concello de Vigo e RP3 Asociación Deportiva.

venres, 16 abr 2004
1082114555bike.jpg
No trofeo participarán 200 deportistas en descenso e 50 dual e é puntual para o Open de España destas modalidades. Os organizadores apuntan tamén unha previsión de mais de 5.000 espectadores para seguir de cerca de competición.

Á proba asistirán os mellores especialistas nacionais procedentes de Cataluña, Andalucía, País Vasco, Navarra, Valencia, Madrid, Asturias, Galicia e unha importante representación dos bikers portugueses, ademais da presencia de corredores franceses. Guillermo Janeiro, responsable de RP3, asura que "con esta representación asegurase unha parrilla de saída de autentico luxo e de nivel internacional, con varios gañadores e gañadoras de probas da copa do mundo".

O sábado a partir das nove da mañá comezarán os adestramentos e pola tarde a partir das 18.30 horas disputaranse as finais de Dual. Nesta xornada tamén está organizada unha carreira infantil na que poderán participar todos os rapaces e rapaces que o desexen co único requisito de levar unha bicicleta e casco.

O domingo, día 18, ás 10 horas será a primeira manga de descenso e a segunda será ás 12.00 horas. Ó remate terá lugar a entrega de premios.
1082114555bike.jpg
1082114628montain.jpg
Descargar todas as imaxes