Escoitar

O Concello apoiará con 175.000€ á organización da Copa do Mundo de Paratríatlon e da proba da Copa de Europa de Tríatlon

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a subvención á Federación Española de Tríatlon para organizar ambas probas, a fin de semana do 1 e 2 de xuño con Samil como epicentro. O alcalde indicou que o Paratríatlón tratase dunha proba “que traerá a deportistas de todo o mundo para sumar puntos para a clasificación dos Xogos Paralímpicos de París”.

venres, 26 abr 2024

O alcalde indicou que o Concello aprobou esta mañá na Xunta de Goberno unha aportación de 175.000€ á Federación Española de Tríatlon, para organizar a Copa do mundo de Paratríatlon e da proba da Copa de Europa de Tríatlon, que albergará Vigo.

Caballero destacou a participación da viguesa Susana Rodríguez Gacio, “xa clasificada para os Xogos Paralímpicos deste verán” e que xa conta “cunha medalla de ouro en Tokio”, ademais de “Premio Nacional del Deporte 2022”, como a mellor deportista feminina do ano.

“Vigo convértese, unha vez máis, en escaparate mundial das competicións do máis alto nivel”, exclamou o rexedor, explicando que “mostramos a capacidade da cidade de ser sede de grandes competicións internacionais”.

Descargar todas as imaxes