Escoitar

Víctor Manuel en concerto en Castrelos o 14 de agosto

O artista asturiano súmase ao cartel da programación de "VIgo en festas 2024" onde ofrecerá un recital baixo o título "Víctor Manuel Sinfónico" o mércores 14 de agosto. É a terceira cita confirmada deste verán tras Dani Fernández e Melendi.

venres, 26 abr 2024
Cartel do concerto de Víctor Manuel
Cartel do concerto de Víctor Manuel

O alcalde valorou a presenza de Víctor Manuel en Castrelos como un dos artistas "máis representativos da Transición Española".

O veterano intérprete ofrecerá no auditorio ao aire libre de Castrelos o seu espectáculo "Víctor Manuel sinfónico" no que se acompaña da súa banda, unha orquestra e un coro cos que volverá interpretar cancións inesquecibles que forman parte da vida de varias xeracións españolas. Na súa traxectoria ten recibido varios recoñecementos, un dos últimos, no ano 2022, cando foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes que outorga o Ministerio de Cultura de España.

Víctor Manuel é a terceira data confirmada dos concertos de Castrelos deste verán. Dani Fernández traerá a súa música a Vigo o 13 de xullo e Melendi o 17 de agosto.

Descargar todas as imaxes