Escoitar

O Concello validou xa 4.000 solicitudes para as bolsas de libros

O goberno municipal procederá a iniciar o abono das bolsas de libros en datas próximas, xa que o se está avanzando rápido no proceso de validación e tramitación das solicitudes. Así o confirmou este martes o alcalde ao lembrar que a subvención municipal a cada estudante ascende a 205 euros.

martes, 30 xan 2024

Abel Caballero explicou que, tras pecharse o día 24 deste mes de xaneiro o prazo para demandar a axuda, o Concello rexistrou a presentación de preto de 19.000 solicitudes de bolsas de libros, das que o Concello validou preto de 4.000.

O rexedor indicou que a área de Educación se atopa “validando ao máximo de velocidade”, co que en datas próximas poderá procederse ao pago. “Advertirémolo e a algúns váiselles atrasar un pouco máis o pago porque hai que validar as case 19.000 peticións”, recalcou ao lembrar que o Concello conta cunha partida de preto de 6 millóns para afrontar o pago destas bolsas.

“En Vigo seguimos facendo atención ás familias e somos a única cidade de España que damos bolsas para a case gratuidade dos libros de texto", afirmou.

Descargar todas as imaxes