Patricia Iglesias toma posesión como nova concelleira de Vigo
A edil súmase ao Grupo Municipal Socialista tras a saída de Abel Losada. A número 21 da lista encabezada por Abel Caballero prometeu o cargo ante a Constitución Española ao inicio da sesión plenaria. Patricia Iglesias López (Vigo, 1974) é autónoma, CEO e xerente dunha empresa do sector de coidados persoais e organización de eventos. Amais, é socia de Empresarias de Galicia. Con estudos superiores en informática de xestión, previamente traballou como executiva de grandes contas en empresas e visitadora médica en distintos laboratorios. É militante do PSdeG-PSOE de Vigo desde 1996.


