O goberno local duplica a axuda o comedor social da Misión do Silencio ao percibir 80.000 euros en 2024
O Concello duplicará este ano a axuda ao comedor "Virxe de Lourdes", da Misión do Silencio situado na rúa Urzáiz, xa que recibirá este ano 80.000 euros.
Abel Caballero explicou que a Asociación Misión do Silencio percibirá este año 43.800 euros máis que no 2023 para atender a unha demanda de máis de 50.000 comidas ao ano, xa que a media de usuarios aos que se atende todos os días da semana é de 130 persoas.
“En Vigo, seguimos aplicando a máis importante política social de España”, asegurou o alcalde.