Escoitar

Pablo López, o 24 de xullo, primeira confirmación dos concertos de Castrelos

O alcalde desvelou este venres a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista malagueño Pablo López, que chegará ao emblemático auditorio de Castrelos o 24 de xullo.

venres, 17 mar 2023

Caballero anunciou na rolda de prensa matinal o concerto de Pablo López, “unha das figuras máis importantes do pop actual” como o cualificou. O artista malagueño é a primeira confirmación da edición 2023 do Vigo en Festas, que o levará a subirse o escenario de Castrelos o luns 24 de xullo.

Pablo López saltou á fama como concursante de Operación Triunfo 2008 e é un dos coach habitual do programa La Voz. Obtivo o Disco de Platino en 2015 con “El mundo y los amantes inocentes” e o Dobre Dobre Disco de Platino, ao vender máis de 80.000 discos, en 2017 co álbum “Camino, fuego y libertad”. Ademais co éxito do seu primeiro sinxelo «Vi», do álbum “Once historias y un piano” chegou a ser Disco de Ouro en España en 2013, premio que repite en 2020 co álbum “Unikornio, once millones de versos después de ti”.

Acumula diversos premios de “Los 40 Music Awards” e Cadena Dial, así como unha nominación aos Grammys Latinos. Ven de estrear, a finais de 2022, o sinxelo “Quasi”, no que poderemos gozar en Castrelos da súa aposta por unha base electrónica que se fusiona co seu talento ao piano.

 

Descargar todas as imaxes