Vigo oferta 90 prazas de reforzo educativo no verán para as persoas máis vulnerábeis
O 4 de xullo comezan os obradoiros de reforzo educativo para nenos e nenas das familias máis vulnerábeis. O Concello pon a dispor dos menores 25 perfís multidisciplinares.
O alcalde anunciou que no verán o Concello vén de convocar 90 prazas de reforzo educativo para as persoas máis vulnerábeis. Para levar a cabo esta acción, o goberno local conta con 25 persoas con diferentes perfís como traballadoras sociais, psicólogos e traballadores sociais.
Os obradoiros terán lugar no CMSS de Coia, o Rivera Atienza, Casco Vello e o Centro Municipal de Teis do 4 de xullo al 31 de agosto. Segundo anunciou o alcalde, haberá dos grupos: educación primaria e secundaria, e terán que elixir entre acudir os luns e mércores ou martes e xoves. Os obradoiros terán lugar de 10:30 a 13:30 da mañá.