O alcalde pon en valor a “presenza permanente” de Vegalsa-Eroski na cidade
O director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González Fuentes, recibiu este venres a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia coa que se recoñece a contribución empresarial ao desenvolvemento económico da comunidade autónoma.

Durante a súa intervención, o alcalde manifestoulle a Joaquín González Iglesias que o galardón “é un recoñecemento merecido, gañado polo que es, o que sodes e a vosa traxectoria. As empresas son institucións nucleares, centrais nas que se xera riqueza e emprego, que a través de proxectos individuais que despois tantas veces se volven en colectivos, faise progresar o interese propio e o interese xeral. Desde Vegalsa Eroski sodes mostra dunha tradición familiar, primeiro, que se foi convertendo progresivamente nunha institución cidadá en tantas cidades de Galicia e España”.
Abel Caballero referiuse tamén ao traballo que desempeñan o persoal de Vegalsa Eroski, especialmente neste último ano, no que “foron capaces de seguir a cadea loxística e evitar o desabastecemento”. E destacou a colaboración da empresa co programa municipal Camiño a Camiño de protección do medioambiente.

